Como cada ano, vimos de celebrar a festa dos Maios no noso centro. Este curso contamos coa participación de diversos Departamentos ós que lles queremos agradecer o esforzo e o traballo realizado. O Departamento de Bioloxía fixo saídas cos rapaces do primeiro ciclo da ESO para identificar e recoller pólas, flores e plantas coas que compoñer o Maio. Os Departamentos de Galego e Música ensaiaron co alumnado o recitado do poema, Aí vén o Maio !de Curros Enríquez, e por outra banda, fixeron un esforzo en aprenderlle ó alumnado cancións populares durante esta semana, co obxectivo de poñer en valor a oralidade e a música tradicional galega. Outros Departamentos como os de Orientación, Dinamización, A. Extraescolares e a Biblioteca, tamén colaboran na montaxe, na difusión nos blogs e redes e na articulación da actividade para toda a comunidade educativa.
Nesta data tiñamos previsto facer o Maio en colaboración co grupo de Voluntariado da Biblioteca pero por causas alleas a nós, non puidemos reunirnos cos maiores da residencia Domus Vi da nosa localidade, tal como viñamos facendo nos últimos anos. Esperamos poder reunirnos con eles noutra ocasión.
Deixamos aquí imaxes do proceso e un vídeo resumo da xornada.
Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada: -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz. ...
