Saltar ao contido principal

Concursos do Samaín



Como cada curso estamos a deseñar actividades para celebrar o Samaín, Noite de Santos e a tempada de medo. Aquí podedes consultar os diferentes concursos organizados arredor desta temática.
Teremos o concurso de decoración de portas, que este ano adicamos á literatura de medo, pero podedes poñer un refrán ou algo relacionado con estas datas. Tamén faremos concurso de Tik-Tok, no que de xeito individual ou en grupo, podedes participar enviando un vídeo no que fagades una recreación ou a lectura de un texto dun conto típico de Samanín. Así mesmo o día 31, pola tarde, teremos un concurso de disfraces. Podedes vir disfrazados e na entrada do centro faremos fotografías de xeito inididual ou en grupos e procedermos a entregar premios ás mellores propostas. Nos carteis que están aquí e que veredes por todo o centro están as bases dos diferentes concursos.
Animádevos a participar !








Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!