Saltar ao contido principal

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

 Na tarde do martes 31, o alumnado de 1º e 2ª da ESO, celebrou a véspera de Samaín con diferentes actividades: visualizamos dúas curtas de medo, falamos de ánimas, da Santa Compaña e cantamos o tema de Ruxe-Ruxe adicado á Estadea. O grupo de 3º da ESO representou unha pequena peza teatral baseada no relato de Agustín fernández Paz "O caso do estraño empregado".Resultou unha tarde "ben animada".Grazas ao departamento de Galego e a todo o profesorado que colaborou.

Por outra banda , organizamos o "Concurso de decoración de portas terroríficas", aquí tedes a imaxe da porta gañadora de 1º c da ESO.

Por outra banda, durante esta semana aínda se poden rematar as decoracións de portas terroríficas e tamén daremos os premios do Concurso de Fotografía de disfraces. 

O alumando tamén preparou decoracións para as portas e para o fotocall para o concurso de disfraces, deixamos aquí fotos das manualidades que foron realizadas en colaboración cos departamentos de Relixión e Educación Plástica Visual, que ven a desenvolver un proxecto de arte con elementos de refugallo chamado Recliclarte, no que o alumando fai decoracións con folios e elementos de reciclaxe.


O Espazo decorado para facer as fotos de Samaín.






imaxe da porta gañadora:













Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!