Ola: velaquí están os mellores traballos de entre os numerosos presentados para participar na edición XXII do concurso de poesía "En galego sen filtros". A calidade dos traballos foi moi alta e moi difícil a selección.
Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.
Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.
Ola compañeiros! Nestas días de outono estamos a preparar unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!