Saltar ao contido principal

Publicacións

Cartel do concurso do Samaín

Nestas semanas estamos a preparar a festa da decoración das cabazas e das espigas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. De momento deixamos aquí o cartel do concurso que se vai celebrar entre os días 5 e 9 de novembro.

POEMAS GALEGOS DE LORCA

O 24 de outubro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Bibliotecas. Este ano, a biblioteca do noso centro fixo un  cartel con fragmentos do discurso de Federico García Lorca na inauguración da biblioteca do seu pobo natal, Fuentevaqueros (Granada). Dende o equipo de Dinamización pensamos que era hora tamén de difundir entre o alumnado os poemas galegos de Lorca, e a súa vinculación coa nosa terra e con varios escritores e personalidades da cultura do noso pobo. Fíxose unha presentación dos seis poemas galegos que, coa colaboración do ferrolán Ernesto Guerra da Cal, amigo do poeta granadino, éste escribiu logo da súa viaxe por terras galegas co teatro universitario A barraca. Para que toda a comunidade educativa poida ter noticia e disfrutar deles pegámolos nos corredores, estade atentos e botádelles un ollo.

ALUMNADO 4º DA ESO NO ROTEIRO DAS IRMANDADES DA FALA

   O alumnado de 4º da ESO ven de participar nestas semanas do mes de outubro  co Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega, no roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala ".   Cansos e felices polo percorrido e a información acadada ó remate da actividade posan coas profesoras acompañantes: María José  e Victoria. Figuras como Aurelio Ribalta, Xaime Quintanilla e Bello Piñeiro, institucións como o coro Toxos e froles, o Casino Ferrolán, a editorial Céltiga e aqueles lugares e persoas relacionadas coas Irmandades en Ferrol son obxecto desta visita. En GaliciaÁrtabra pode verse a relación de Ferrol coas Irmandades da Fala.

CARTEL DO ROTEIRO

ROTEIRO : AS IRMANDADES DA FALA FERROL

No ano 1916 nace A Irmandade de Amigos da Fala na Sede da Real Academia Galega na Coruña. Co obxectivo da exaltación e fomento do uso do idioma galego, dentro dun plan xeral de rexeneración do país. As Irmandades estaban formadas por persoas de diferentes profesións que pretendían redescubrir os sinais de identidade nacional, defendendo a cultura e a lingua galega. Neste contexto, no ano 1918 en Lugo, celébrase a primeira asemblea da organización.                      http://lamoradadelbuho.blogspot.com/2012/02/irmandades-da-fala.html No centenario desa histórica reunión, e para dar a coñecer entre o alumnado a historia e actividade deste importante movemento. Programouse un roteiro pola cidade de Ferrol, para o alumnado de 4º da ESO. Trátase un percorrido interpretativo pola historia do movemento intelectual e cultural de principios do século XX, que vén ofertando a concellería de Participación e Normalización Li...

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

O día 26 de setembro celebramos o día europeo das linguas. Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente. Con esta celebración tentamos acadar os seguintes obxectivos Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural. Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar. Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos. Deixámosvos unha experiencia do IES David Buján de Cambre , do curso pasado no que se deron a coñecer textos en 36 linguas europeas. Esperando que sexamos quen de recoñecer a riqueza da nosa diversidade cultural e lingüística, animámosvos a que lle votedes un ollo a est...