Saltar ao contido principal

Publicacións

CANTIGAS DE SANTA MARÍA AFONSO X E A TRADICIÓN ORAL NO NADAL.

No pasado a narración oral mantivo vivos os contidos de innumerables áreas do coñecemento. Por iso non é nada despreciable a súa eficacia como axente cultural e máis que recomendable a súa preservación como parte do noso patrimonio inmaterial. Mediante contos, romances, lendas, cancións, adiviñas, oracións, esconxuros, refráns, achegaron a nós saberes e experiencias valiosas do pasado para esta sociedade. Poñer en valor estas achegas á nosa cultura da tradición oral é o obxectivo da biblioteca escolar ao longo de todo este curso.                   Co lema  “ As bibliotecas escolares toman a palabra” iniciamos esta andaina, por isto e na medida do posible, tentaremos facer fincapé nas actividades que nos permitan afondar na divulgación dá nosa cultura oral, por distintos medios como a radio escolar, proxecto que estamos poñendo a andar con gran ilusión.  Esta ocasión do Nadal é perfecta para poder afondar na trad...

VIII CENTENARIO DE AFONSO X O SABIO

O alumnado de 1º de bacharelato realizou unha pequena homenaxe ao rei Afonso X o Sabio. Este rei ademais de oficializar a lingua castelá como lingua do reino de castela trobou en galego-portugués. A súa obra poética máis importante foron as Cantigas de Santa María adicadas á Virxe.Velaquí algúns traballos dos nosos alumnos e alumnas.

ACHEGAS DO ALUMNADO PARA O SAMAÍN

 Ola compañeir@s!  Sabemos que imos algo tarde pero estamos encantados de publicar algún dos marabillosos traballos do noso alumnado para esta festa do Samaín 2021. Felicidades a todos @s participantes e seguide a escribir, e crear empregando a nosa lingua poque é un placer escoitar e ver o as achegas tan xenias que facedes.  Deixamos esta recreación dun relato que fai o noso compañerio Álex Armán Vilariño de 4º da ESO.

ACHEGAS DO ALUMNADO POLO SAMAÍN, LENDA DA GALIÑA

 As alumnas de 4º B, fixeron este vídeo sobre unha lenda.

ACHEGAS DO ALUMNADO NO SAMAÍN. LENDA DA SANTA COMPAÑA

 

TABOLEIRO PARA O TRABALLO DO ALUMNADO

  Taboleiro para publicar as achegas do alumnado para os concursos  e actividades propostas desde os Departamentos de Orientacion, Dinamización e Biblioteca polo Samaín.

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O SAMAÍN 2021

  Ola a todas as ánimas!  temos xa as actividades para celebrar o  Samaín, Noite de Santos e a tempada de medo. Aquí podedes consultar os diferentes concursos organizados arredor desta temática.  Animádevos a participar ! CONCURSO DE RELATOS Tamén temos outras modalidades de concurso: Concurso de vídeos terroríficos: Podedes inspirarvos con estes textos: Esperamos as vosas achegas. Xa estamos tremendo!!!!!