Saltar ao contido principal

Publicacións

DESFACENDO PREXUÍZOS

Este ano para conmemorar o Día contra a violencia de xénero., o alumnado da ESO recompilou ditos, refráns e frases machistaspara reflexionarmos sobre a necesidade de borralas da nosa mente e dos nosos falares. Con todas as achegas fixemos unha esxposicion na entrada do centro para que todos poideran facer as súas aportacións, así mesmo colocamos nos paneis os carteis que fixo o alumnado en colaboración coas áreas de Lingua Galega e Tecnoloxía.  

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

 Na tarde do martes 31, o alumnado de 1º e 2ª da ESO, celebrou a véspera de Samaín con diferentes actividades: visualizamos dúas curtas de medo, falamos de ánimas, da Santa Compaña e cantamos o tema de Ruxe-Ruxe adicado á Estadea. O grupo de 3º da ESO representou unha pequena peza teatral baseada no relato de Agustín fernández Paz "O caso do estraño empregado".Resultou unha tarde "ben animada".Grazas ao departamento de Galego e a todo o profesorado que colaborou. Por outra banda , organizamos o "Concurso de decoración de portas terroríficas", aquí tedes a imaxe da porta gañadora de 1º c da ESO. Por outra banda, durante esta semana aínda se poden rematar as decoracións de portas terroríficas e tamén daremos os premios do Concurso de Fotografía de disfraces.  O alumando tamén preparou decoracións para as portas e para o fotocall para o concurso de disfraces, deixamos aquí fotos das manualidades que foron realizadas en colaboración cos departamentos de Relixi...

RECITADO CARVALHO CALERO

 Onte 26 de outubro, como  xa anunciaramos, o noso alumnado de 1º da ESO participou xunto con outros centros escolares de Ferrolterra no recitado Carvalho Calero. Os rapaces prepararon varios poemas de Fran Alonso que recitaron con moita arte nas táboas do Auditorio Carvalho Calero de Ferrol. Aquí vos deixamos unhas imaxes:

RECITADO CARVALHO CALERO 2023

Como todos os anos, o noso centro participará no Recitado Carvalho Calero organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización lingüística de Ferrolterra. Este acto celebrarase o vindeiro xoves 26 de outubro no Centro Carvalho Calero do Inferniño. Netsa ocasión será o alumnado de 1º da ESO o que preparará uns poemas de Fran Alonso, acompañados de música. Os rapaces están moi ilusionados preparando a súa homenaxe ao escritor ferrolán do que estamos tan orgullosos. Seguiremos informando...

Concursos do Samaín

Como cada curso estamos a deseñar actividades para celebrar o Samaín, Noite de Santos e a tempada de medo. Aquí podedes consultar os diferentes concursos organizados arredor desta temática. Teremos o concurso de decoración de portas, que este ano adicamos á literatura de medo, pero podedes poñer un refrán ou algo relacionado con estas datas. Tamén faremos concurso de Tik-Tok, no que de xeito individual ou en grupo, podedes participar enviando un vídeo no que fagades una recreación ou a lectura de un texto dun conto típico de Samanín. Así mesmo o día 31, pola tarde, teremos un concurso de disfraces. Podedes vir disfrazados e na entrada do centro faremos fotografías de xeito inididual ou en grupos e procedermos a entregar premios ás mellores propostas. Nos carteis que están aquí e que veredes por todo o centro están as bases dos diferentes concursos. Animádevos a participar !

Entrega de premios do concurso de Playlist de música galega

  Este venres, 16 de xuño, fíxose entrega de premios aos gañadores do concurso da Playlist de música galega, na biblioteca do centro. Un xurado composto por profesorado de diversos departamentos así como dos Departamentos de Orientación, Actividades Extraescolares, EDLG e a Biblioteca, determinou que o gRupo merecedor do galardón fora o de 3º B da ESO. Fixo entrega do premio, a profesora do Departamento de Galego, Rosa Sánchez que lOS agasallou cunha memoria USB, na que se achegaban as cancións da lista gañadora. Deixamos aquí as fotos da xornada e queremos dar os parabéns aos gañadores do concurso, así como aos grupos participantes e á promotora do concurso, Rosa Sánchez, polo éxito da convocatoria.

Programa de radio do Club de Xadrez

Charla do alumnado do Club de Xadrez.