Saltar ao contido principal

Publicacións

CONCURSO POESÍA E IMAXE.

 Ola: velaquí están os mellores traballos de entre os numerosos presentados para participar na edición  XXII do concurso de poesía "En galego sen filtros". A calidade dos traballos foi moi alta e moi difícil a selección. 

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

 Esta semana para conmemorar o aniversario do nacemento da nosa máis ilustre poeta, todo o alumnado se volcou na realización de homenaxes. Destacamos a confección dun gran mural , pero tamén as interpretacións musicais de poemas da autora realizadas por dúas alumnas do centro: Inés Santalla como vocalista e Inés pérez, tocando o chelo. Agradecemos a colaboración de Xoán Padín, músico e compañeiro que dirixiu estas actuacións tan fermosas.

CONCURSO DE COMPARSAS 2024

 Achegamos o cartel da organización do festival que terá lugar o próximo venres 9 de febreiro. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.

PREPARANDO O ENTROIDO

O ALUMNADO DE 1º DA ESO XA ESTÁ A PREPARAR O ENTROIDO. GUIADOS POLA SÚA PROFE ROSA ESTÁN COMPOÑENDO UNHAS COPLAS PARA ANIMARNOS A TODOS. PODEDES VELAS NA ENTRADA DO CENTRO.

VISITA DE LETI DA TABERNA AO SOFÍA CASANOVA

HOXE visitounos a creadora de contigo dixital en galego e Tiktoker coñecida Leti da Taberna.Explicoulles ao alumnado a importancia da presenza do galego nas redes sociais e presenoulles outros creadores para que os seguisen. Animounos a usar e defender o galego nas redes.

A árbore dos dereitos humanos

  Este ano a proposta de decoración da nosa tradicional árbore de Nadal partiu da colaboración de diferentes departamentos: Relixión, Plástica, Bioloxía, Orientación e Dinamización. Escolleuse como tema da decoración a celebración do 75  ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS . As distintas titorías, reciclando materiais, adornaron a árbore con estrelas e bólas que contiñan textos cos dereitos humanos. A proposta recollía maioritariamente o emprego da lingua galega, pero tamén se expresaron lemas noutras linguas presentes no alumnado como o árabe ou o italiano. Deixamos aquí o cartel da actividade e podedes leer como se organizou a actividade no blog de titorías . Cartel do Nadal con dereitos Por outra banda, o alumnado de 1º da ESO D presentou no Festival de Nadal unha homenaxe a esta declaración, empregando lecturas, música e imaxes.

FESTIVAL DE NADAL 2023

Hoxe 21 de decembro celebramos no centro un gran festival de Nadal.  O traballo colaborativo dos departamentos de Música, Lingua galega e Educación física co equipo de Dinamización foi fabuloso. O alumnado traballou arreo preparando diferentes pezas musicais: panxoliñas en galego, versións de autores estranxeiros, unha obra de teatro sobre a tradición do Apalpador e unha magnifica posta en escea da Muiñeira de Chantada que levantou a todo o público. Finalmente os propios profesores demos a sorpresa subindo ao escenario e cantando un Cantar de Reis, versionando aos Cempés.  Todo resultou un gran espectáculo.O público entregouse desde o principio. Xa estamos animados para volvelo a repetir coas Letras Galegas. MOITOS PARABÉNS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES: ALUMNADO E PROFESORES IMPLICADOS.BO NADAL E FELIZ ANINOVO!