Saltar ao contido principal

Publicacións

Os booktrailers do alumando do Sofía

  O talento do alumando do Sofía non te límites e para mostra estes Booktrailers das lecturas que teñen feito coa profesora Pilar Vázquez na área de Lingua Galega en  4º da ESO.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

  A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 a Florencio Delgado Gurriarán considerando varios aspectos: en primeiro lugar a súa obra poética, en segundo lugar a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos.  nun tempo adverso,  que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro. Así como a súa defensa e admiración polas terras de Valdeorras, o seu compromiso coa súa cultura, as tradicións, o patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua da nosa terra. Desde  este blog queremos propoñer varias actividades para dar a coñecer a este autor e a súa obra. Para informarnos: - Podemos atopar unha morea de datos e fotografías no corredor de abaixo na exposición que leva por título Primavera das letras. - Para coñecer distintos aspectos da vida e obra de Florencio Delgado preparamos unha páxina web na que recompilamos recursos cos que podedes traballar. Para participar: Temos convocados dous concursos: - Un de marca...

FESTA DOS MAIOS

Nos últimos anos estamos a consolidar no Sofia Casanova a recuperación da festa dos Maios, sabendo que na nosa cidade ten un grande impacto desde que o barrio de Canido tomara a iniciativa de actualizar esta festa facendo decoracións florais nas súas rúas e comercios. Esta gaña cada ano en participación e acollida da cidadanía. Pola nosa banda, fixemos na entrada do Instituto, o noso Maio coas achegas de plantas e flores recollidas polo alumnado e o profesorado. Na confección implicáronse particularmente a Biblioteca o e os Departamentos de Dinamización, Orientación e o de Bioloxía. Tamén queremos agradecer a inestimable axuda dos pais e nais da ANPA, coa súa presidenta que sempre está disposta a botar unha man en calquera iniciativa. As familias colaboran no Maio. Dentro de pouco celebraremos tamén co Voluntariado da Biblioteca e os anciáns da residencia Domus VI  esta mesma festa, artellando dous Maios, pois un quedará no noso centro e o outro vai para a residencia. Xuntarémon...

Concurso de MICRORRELATOS

  O club de Microescritura do que Emilio Saldaña é o coordinador e que se reúnen na biblioteca do centro durante o segundo recreo dos venres. Teñen previsto convocar un concurso de Microrrelatos  no que  invitan a participar a todo o alumnado do centro. As bases  e as datas da convocatoria están no cartel que podedes ver polos corredores  do centro. Animádevos a participar porque sabemos do moito talento que hai neste instituto. Concurs de MICRORRELATOS

V Premio Vidal Bolaño 2022

  Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.” BASES 1.Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega. 2.As OBRAS serán de temática e extensión libre, aínda que hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos. 3.Cada autor/a poderá presentar máis dunha obra. 4.O PREMIO constará de 2.000 euros, suxeitos ás retencións fiscais correspondentes, e que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da EDITORIAL GALAXIA. Para tal efec...

Día das Artes Galegas 2022

  O 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas e a Real Academia Galega de Belas Artes dedica este ano ó pintor Laxeiro . Unha figura moi importante da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e á vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística segue a ser incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Este prolífico autor pertence a un grupo de novos artistas que reaccionaron contra o costumismo rexionalista e conectaron coa arte internacional do momento, dirixindo a súa mirada cara ás culturas do norte de Europa, dende unha idea de Galicia entendida como o límite cara ao sur da Europa atlántica, conectada por séculos de intercambio a través do Camiño de Santiago. En palabras de Antón Castro “ U n punto de encontro  maduro do tradicional co moderno”. A sús pintura mestura influencias das Pinturas negras de Goya e o cubismo para expresar a  súas preocupacións polos temas telúricos, a medio camiño entre a Galicia máxica, ...

DÍA DA LINGUA MATERNA

A UNESCO instituíu en 1999 o Día Internacional da Lingua Materna, decisión que a Asemblea xeral de Nacións Unidas apoiou no 2002. Desde entón, celébrase cada 21 de febreiro para promover o multilingüismo e a diversidade cultural. Esta data estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural. A Xunta de Galicia celebrou onte, domingo, o Día da lingua materna para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. No acto institucional contaron coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. Deixamos aquí uns vídeos para que cantedes e disfrutedes con eles na nosa lingua, conscientes que esta non é unicamente un instrumento de comunicación senon...