Saltar ao contido principal

Publicacións

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

Ola compañeiros! No instituto IES Sofía Casanova, o alumnado de todo 1º da ESO e algúns de 4º, recibimos o día 9 de marzo a visita da escritora Andrea Maceiras. Esta actividade estaba organizada polos Departamentos de Lingua Galega, Dinamización e a Biblioteca. E tivo lugar o enconto  no salón de actos do instituto. A autora fíxollonos unha presentación sobre o proceso creativo do seu libro “ Conta nove estrelas ”.  Explicounos  que lle inspirou a facer unha historia tan máxica e entretida. Despois da distendida charla de Andrea, moitos alumnos  fixeron unha rolda de preguntas, que ela respondeu con gran  entusisamo. Para rematar  asinou varios exemplares que lle trouxeron os asistentes. Foi unha xornada divertida e moi interesante con esta xove escritora que nos sirve de inspiración a todos nós.   Antes de despedirse do centro foi tan amable de contestar ás preguntas que lle tiñan preparadas unhas reporteiras moi especiais de primeiro da ES...

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

  O Coro do Sofía Casanova ven de participar nunha representación no Teatro Jofre, o domingo 23 de Febreiro da obra As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho   Calero,  pola compañía  Ghazafelhos, xunto con outros músicos e artistas. Esta actuación inscríbese no desenvolvemento dun proxecto que ven impulsado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra , dentro das iniciativas para traballar a figura deste autor, ó que este ano se adicará o Día das Letras Galegas. Diario de Ferrol Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra  

DÍA DE ROSALÍA 2O2O

Neste 2020 celebramos o 24 de febreiro, o Día de Rosalía, uníndonos a outras institucións que veñen de facer interesantes propostas de actividades, como é o caso da a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega , que baixo o lema #ErrantesPoloMundo_drc_20 fainos unha invitación a reflexionar sobre o tema da emigración nos escritos da autora. Pola nosa parte, este é o segundo curso en que estamos a traballar sobre este fenómeno das migracións e dos refuxiados no mundo. Iniciamos ese percorrido o curso pasado coa celebración do Día da Paz, coa nosa campaña : " Tirando muros, tendendo pontes" , falando sobre os muros no mundo e a necesidade de tender pontes de diálogo para poder construír unha paz duradeira. No mes de febreiro, tamén do pasado curso, volvemos a tocar o tema do sentimento de desarraigo e da pobreza, no caso das persoas que se ven obrigadas a deixar o seu fogar, facendo actividades cos poemas de Rosalía, no 24 de febreiro: Caldo de gloria  ...

CONCURSO BALBINO DE RELATOS

Neste mes de febreiro, foi presentada a 5ª edición do concurso Balbino de relatos promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe SL e Edicións Fervenza coa colaboración da Fundación Xosé Neira Vilas ,a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Silleda, Boqueixón e Vila de Cruces. Destinado a promocionar a literatura en lingua galega e ós escritores máis novos e os xa consagrados que desexen participar na difusión da cultura galega. Deixamos as bases aquí.

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Ola compañeiros e compañeiras! O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao aínda que nesta ocasión únicamente se destaca o seu labor como ilustrador e artista, esta faceta serviulle sempre para deixar constancia da súa loita social e política en favor do desenvolvemento de Galicia. O seu pensamento expresouse en moitas facetas e segue vivo na memoria colectiva do noso país e as súas ilustracións e creacións artísticas dan testemuño dese compromiso con esta terra alá onde se atopase. A (AGPI) tamén quere facer visibles outras figuras insignes como: Luís Seoane, Leandro Carré, Federico Ribas, Manuel Bujados, Castro Gil, Julio Nieto Nespereira, entre outros. Pero este ano o ilustrador destacado é Cándido Fernández Mazas.  Deixámovos un...

XX edición. Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro"

Ola compañeiros e compañeiras! Un ano máis traemos a convocatoria do certame literario:  Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro".  Organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüísitca de Ferrolterra(CENL). As base da  XX edición deste certame deixámolas a continuación. Bases XX Certame poesia e imaxe from cenlf