Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición do XXIII Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO

Estamos a informarvos de que os traballos que participaron este ano no  XXIII Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO, estarán dispoñibles para o público  na exposición que se celebrará do 2 ó 5 de maio, no centro Carvalho Calero da nosa cidade, na praza do inferniño.  Deixamos aquí o cartel da exposición.

Concurso de CREACIÓN DE PLAYLIST DE MÚSICA GALEGA

O equipo de EDL, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de lingua, por medio da profesora Rosa Sánchez, organiza un concurso de creación de playlist de música galega, para o alumnado de 3ª da ESO. Velaquí van as bases. Poderan entregarse os traballos ata o vindeiro mes de maio. A semana do !7 de maio, escollerase a lista gañadora. Animádevos a participar e promocionar a nosa música.

Alumna premiada no XXIII Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO

Recibimos a comunicación da organización do certame comunicando que o traballo dunha alumana do IES Sofía Casanova foi premiado e deixámolo aquí.  Parabéns a  Ana Guillen de 3º da ESO.

Concurso de ANUNCIOS SOBRE A LINGUA GALEGA

  Estamos a traballar este curso na potenciación do emprego da Lingua Galega en todos os ámbitos da nosa vida.  Sendo conscientes de que os informes da Real Academia Galega sobre a incidencia da lingua do país na infancia ofrece datos demoledores, evidencianado que  galego perde relevancia tanto no ámbito académico como noutros da vida do alumando e da comunidade educativa; por este motivo estamos a convocar un concurso de anuncios que inviten a empregar o galego con orgullo. Deixamos aquí as bases do noso concurso de ANUNCIOS. CONCURSO DE ANUNCIOS SOBRE A LINGUA GALEGA de dinamización2019

Día de Rosalía.

Onte celebramos o Día de Rosalía, participando nas actividadez propostas pola AELG para os centros de ensino.O alumnado recompilou,transformou e recreou poemas de Rosalía.O motivo de inspiración foi a pregunta:Que diría Rosalía?nestes tempos ante a violencia,fame,dereitos humanis etc.Isto é o resultado.Rosalía elevaría a súa voz en defensa dos que sofren.

Reciclamos no Entroido

O alumnado de 1 da ESO realiza este ano un proxecto interdisciplinar dirixido polo Departamento de plástica e neste caso coa colaboración do EDLG e da Biblioteca. Con elementos de refugallo:cartóns, teas, botóns montamos un orixinal cigarrón.Tamén coa colaboración de Rosa a súa profe de galego crearon unhas coplas moi divertidas.Parabéns aos artistas

Conversas online de " ORGULLO GALEGO" sobre o entroido tradicional galego

  Este ano estase a preparar un entroido particular no noso centro. Desde a  materia de Proxecto Competencial, en 1º de ESO. Propuxéronse indagar sobre o rico mundo do antroido en Galiza. Para esto tanto a responsable da área do Departamento de Educación Plástica e visual que coordina o traballo, como os Departamentos de Dinamización e Biblioteca puxeron a disposición do alumnado diversas fontes para estar informados da riqueza e variedade do noso entroido tradicional galego.  Os Peliqueiros de Laza. Os Cigarróns de Verín. As Pantallas de Xinzo de Limia. Os Xenerais del Ulla. Os Boteiros de Viana do Bolo. Os Volantes de Chantada. Os Merdeiros de Vigo. As Madamas e os Galáns de Cobres. O Oso de Salcedo. O Ravachol de Pontevedra. Os Felos de Maceda. Os Choqueiros de A Coruña. Os Vellaróns de Castrelo de Cima. As mázcaras de Manzaneda. Os troteiros de Bande. A Pita de Eiroás. Se picas na imaxe podes obter infomación en Castelán no seguinte artigo. Imaxe da web Siente Galic...