Saltar ao contido principal

Publicacións

DÍA DE ROSALÍA

Este curso 2021-21 debido ás restricións impostas para o desenvolvemento das actividades lectivas, seguido as instrucións do protocolo Covid do centro, desde os Departamentos de Orientación, Dinamización Lingüística e da Biblioteca facemos unha proposta de actividade para levar ás aulas. 1º- 2º da ESO. Para os primeiros cursos da ESO, introducimos ó alumnado no mundo de Rosalía por medio vídeos como este: 1.- PEQUENA ROSALÍA 2.- ESCOITAMOS: Algúns poemas de Roslalía de Castro  musicados por distintos autores como Luz Casal, es a súa versión de  Negra Sombra . Tras escoitar a letra atentamente, podemos completar con frases os espazos en branco das imaxes das notas musicais, que deixamos a disposición dos titores en fotocopias , na mesa da entrada do centro. Unha vez que o alumnado poña algún verso nesas notas musicais compoñeremos un mural cun pentagrama simbólico na entrada do instituto. 3º-4º da ESO. 1.- Facer un vídeo con imaxes libres que expresen con imaxes a mensaxe ou o...

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

  O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este ano o lema é: "Máis aló das Fronteiras: Igualdade na Ciencia para a Sociedade". A comunidade internacional vén de facer un gran esforzo para promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Aínda así a brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas ( STEM) persiste en todo o mundo. Por este motivo desde os centros educativos póñense en marcha inicaciativas como a da Universidade de Vigo, na que ó longo do mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador ofreceranlles a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. O noso instituto participou, recibindo a conferencia dunha antiga alumna do   noso centro: Dna; Francisca Rivera Fariña .  Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor é Investigadora Principal do Grupo PS...

PANDEMIA DE AMOR

Coincidindo cos día da Candeloria e  14 de febreiro, desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividade para ler ou escribrir poemas de amor. Para o que deixamos un cartel na entrada do centro e todos os profesores que o desexaran,coa axuda do alumnado das súas clases,poderían ler ou escribir poemas no cartel. Na mesa tamén deixamos folios con textos en varios idiomas, así como rotuladores, ceras de cores e materiais para que todos fixesen as súas achegas e así completar o cartel da Pandemia de amor,  facendo os seus propios versos, reproducindo os dun autor ou facendo lettering, esta forma de caligrafía decorativa que está tan de moda entre o noso alumnado. Aquí deixamos alguhas fotos do proceso.

DÍA DA PAZ 2021

  Ola compañeiros. A semana pasada celebramos o Día da Paz, e este curso inmersos como estamos nesta terceira onda da pandemia, afixémonos a empregar nas nosas conversas moitos conceptos relativos á saúde. Neste contexto propuxemos desde os Departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e a Biblioteca, construír unha caixa de primeiros auxilios da Paz, en cada aula, con elementos que contribúan a facela realidade na nosa contorna. Para o traballo nas aulas puxemos a disposición dos titores un cartafol con imaxes libres de material médico, para que o alumnado propoñía en cada elemento unha posible medida ou tratamento contra a violencia, por exemplo: Pílulas de boas palabras ou eloxios aos semellantes, apósitos adhesivos para os enfados, termómetros para controlar a ira, inxeccións para aumentar o autoconcepto positivo, máscara para combater os insultos, vitaminas de compresión, tesoiras para cortar as discusións, etc .  Para a realización da actividade co alumnado deix...

VII CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo exeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade. Este certame rexerase polas seguintes bases; 1- Poderá participar todo o alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste certame. 2- O certame presenta tres modalidades: 1) Modalidade de microrrelatos 2) Modalidade de micropoesía 3) Modalidade de microteatro (só para a categoría de bacharelato e ciclos formativos). 3- Na modalidade de microrr...

BICOS E APERTAS NO NADAL

Como cada ano os Departamentos de Actividades Extraescolares, Dinamización Lingüística, Orientación e a Biblioteca fixemos unha proposta conxunta de actividades para decorar a nosa árbore de Nadal. Polo que como outros anos, pedimos a colaboración dos titor@s e profesor@s da ESO.  Neste tempo de pandemia que nos limita o contacto, entendemos que o agasallo que todos desexariamos recibir serían os bicos e apertas dos nosos seres queridos. Con este lema “Bicos e apertas polo Nadal” decidimos completar unhas tarxetas como as da imaxe, que puxemos a disposición dos titores; nelas podíanse engadir. Unha imaxe persoal na que estivesemos bicando ou abrazando a algún ser querido. Una fotografía dun bico icónico dalgunha película, dun cómic, libro ou dunha obra de arte. Un texto describindo unha escea de bicos e apertas dunha película o dunha obra literaria. Por outra banda, o alumnado que así o quixo, fixo adornos para a árbore en forma de corazóns, estrelas e mans de cartolin...

VII CERTAME CARMELA LOUREIRO

  Como cada ano e xa van sete, o Concello de Ferrol e a Coordenadora de equipas de normalización lingüística de Ferrolterra convocan o certame literario Carmela Loureiro. Hai tres modalidades de participación: microrrelatos, micropoesía e microteatro. Compartimos as bases para que vos animedes a participar. Primeiro haberá unha fase interna para escoller os traballos que pasen á fase intercentros. Os premios da fase intercentros será unha tablet por modalidade e categoría de participación. Así que podedes adicar o Nadal a escribir só un pouquiño... bases certame